Presentación

A posta en marcha de programas de Coidados Paliativos nos planes de Saúde é un
indicador da calidade da atención e do interese do sistema sanitario polo benestar dos
seus cidadáns.

En Galiza este interese pode evidenciarse mediante a posta en Marcha do Plan Galego
de Coidados Paliativos que é o marco para o desenvolvemento homoxéneo e
equitativo dos coidados paliativos. Este Plan supón non soamente un esforzo de
orzamentos para crear dispositivos de Coidados Paliativos senón tamén un esforzo
organizativo para mellorar a coordinación entre tódolos medios e dispositivos do
sistema sanitario, e de formación para mellorar a capacitación dos profesionais.

O ámbito da atención paliativa é o domicilio do paciente, o Hospital e os centros
sociosanitarios mediante dous niveis de actuación: o nivel básico o enfoque paliativo
(no que participan tódolos profesionais sanitarios) e o nivel avanzado para situacións
máis complexas (cando interveñen dispositivos específicos).

A necesidade de Formación avanzada en Coidados paliativos queda reflectida na pax.
43 do Plan Galego de Coidados Paliativos e completa a secuencia formativa nivel
básico > nivel intermedio > nivel avanzado.

Por outra banda o Plan de Saúde 2006- 2010 especifica entre as súas liñas de actuación
na área do cancro “ofertar un plan de formación en coidados paliativos na atención
primaria e especializada” (Plan de Saúde 2006-2010 pax. 64, 68 e 72).

O nivel avanzado de formación consiste na capacitación e competencia necesarios
para resolver situacións clínicas complexas…. fundamentalmente dirixido a
profesionais de dedicación específica aos Coidados Paliativos (Organización de
Servicios y programas de Cuidados Paliativos. Gómez-Batiste, Porta, Tuca, Stjernsward.
pax 113. Ed. Aran 2005).

O Grupo de traballo de Coidados Paliativos desenvolveu ata o 30 de novembro do
2006 o Curso Básico de Coidados paliativos e o día 12 de marzo do 2007 inicia a
aplicación do Curso Intermedio de Coidados Paliativos. O día 9 de abril do 2007 o
Grupo de traballo de Coidados Paliativos inicia o curso de coidados Paliativos para
enfermería.

Polo tanto o Curso avanzado é un obxectivo formativo do Plan de Saúde, do Plan
Galego de Coidados Paliativos e do Grupo de Traballo de Coidados paliativos e irá
dirixido fundamentalmente a profesionais de adicación específica aos coidados paliativos nos dispositivos de C. Paliativos do Plan.

As unidades de Coidados Paliativos promoven dende os hospitais programas de
atención integral ós pacientes con enfermidades avanzadas dentro e fora do propio
hospital. Así xorden profesionais dentro do sistema que adquiriron coñecementos e
aptitudes que lles capacitan para o desenvolvemento da Medicina Paliativa no sistema
de saúde.

Coñecida a necesidade de mellorar a formación pregrado e postgrado en Medicina
paliativa dos profesionais sanitarios e facelo en un contexto académico o
Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, desenvolve unha Titulación
propia da debandita Universidade, coa categoría de “Experto en Coidados Paliativos”.)

Para iso cóntase con profesorado da propia Universidade de probada experiencia
docente en Coidados Paliativos así como con profesionais cualificados das Institucións
e Sociedades Científicas, especialmente a Sociedade Española de Coidados Paliativos,
Sociedade Galega de Coidados Paliativos, Sociedade Oncolóxica Galega e Sociedade
Galega de Xeriatría.

O interese da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde no
desenvolvemento axeitado dos Coidados Paliativos modernos acada o seu cumio coa
promoción por parte da Consellería deste curso.

Con este proxecto asegurase a mellora da capacitación que promova a excelencia da
atención destes pacientes e das súas familias, a súa calidade de vida, e contribúese a
que os Coidados Paliativos formen parte da medicina actual, incluso coma un exercicio
preventivo: a prevención do sufrimento.

Para a formación práctica do alumnado disponse da infraestructura que aportan a este
proxecto o CHU A CORUÑA o Campus Universitario de Oza asemesmo estuctructuras e
dispositivos asistenciais e docentes do SERGAS direitamente relacionados cos
paliativos.

Con este obxectivo a Consellería de Saude e o Servizo Galego de Saúde e A
Universidade de A Coruña establecerán o convenio axeitado.